Experiencia dixital e inscricións para eventos turísticos
Dunha campaña de captación a unha plataforma completa con rutas, sedes, actividades, formularios, estados de aforo e operación mediante exportacións seguras.
Que cambiou
Promoción e inscrición permanecen conectadas mesmo cando cambia o aforo
A web acompaña o ciclo completo da campaña: explica, orienta, rexistra e entrega datos operativos. Cando unha ruta ou actividade cambia de estado, o contido pode reflectilo sen desmontar o resto da experiencia.
- Evolución
- Campaña inicial + plataforma de xornadas
- Programa
- Transporte · sedes · actividades
- Operación
- Inscrición · aforo · CSV · email
Da orixe ao resultado
Etapas do sistema
As decisións de implementación e o stack concreto compártense unicamente en reunións privadas.
- 01ProgramaTransporte, sedes, actividades e horarios
- 02ElecciónRuta, actividade ou reserva externa
- 03RexistroValidación, consentimento e aforo
- 04OperaciónCSV privado, email e estado de prazas
O reto
O programa mesturaba información turística, transporte e varias formas de inscrición
O visitante necesita entender datas, rutas, paradas, adegas e actividades sen ler un documento longo. A organización, pola súa parte, debe distinguir inscricións a buses de actividades xestionadas directamente e enlaces cara a reservas externas.
As prazas poden esgotarse durante a campaña e os datos terminan en follas de cálculo, polo que había que evitar duplicados accidentais, abuso do formulario e fórmulas inxectadas en CSV.
A solución
Unha experiencia editorial con formularios específicos e operación protexida
A primeira versión validou unha experiencia visual en galego para captar persoas interesadas en futuros eventos. A segunda converteu o programa completo en seccións explorables: rutas de bus por cidade e día, adegas, actividades despregables e chamadas a reserva externa.
Cada fluxo valida campos e consentimento, aplica rate limit, neutraliza fórmulas de folla de cálculo e escribe nun CSV privado baixo bloqueo de ficheiro. A organización recibe aviso por email e enlaces protexidos ás exportacións; a interface pode pechar inscricións ou marcar actividades rexistradas sen romper a navegación.
Capacidades
Qué resolve o sistema
- Experiencia responsive e multilingüe adaptada a campañas turísticas.
- Rutas de transporte por orixe, día, paradas e programa.
- Catálogo de sedes e actividades con contido despregable.
- Formularios separados segundo transporte ou actividade.
- Validación servidor, rate limit e consentimento de privacidade.
- Protección contra fórmulas en CSV e escritura concorrente segura.
- Avisos por email, exportacións protexidas e estados de aforo.
Resultado operativo
Promoción e inscrición permanecen conectadas mesmo cando cambia o aforo
A web acompaña o ciclo completo da campaña: explica, orienta, rexistra e entrega datos operativos. Cando unha ruta ou actividade cambia de estado, o contido pode reflectilo sen desmontar o resto da experiencia.